Vindeiras citas:

 

Universidade de Vigo, 11 de maio, ás 11:00, no salón de actos da Facultade de Ciencias, CUVI

 

 

 

 

Protón

A engaiolante vida dunha partícula inmortal… ou case

 

 

O Universo actual é o resultado de 13 700 millóns de anos de interaccións entre partículas, átomos e moléculas. O noso encéfalo, o construtor da mente, é un produto máis desa longa historia e funciona grazas á interacción de moitos tipos de moléculas. Pero… como se formaron esas moléculas? De onde saíron os distintos tipos de átomos e as partículas que os forman? Para comprendelo debemos viaxar aos límites do Cosmos, ao comezo de todo.

 

Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: Descripción: portada_proton

 

 

O formato

 

“Protón” é unha entretida charla-teatro de divulgación na que, ademais de facer uso da capacidade de impresión de imaxes e sons, cóntase coa participación dun actor que aparece en dous momentos da charla para facer monólogos en clave de humor relacionados co tema.

 

 

Xurxo Mariño

 

 

 

Vicente de Souza

 

 

 

Os participantes

 

Xurxo Mariño. É profesor da Universidade da Coruña, investigador no eido da neurofisioloxía e comunicador científico.

Vicente de Souza. É actor profesional e director de escena.

Desenvolven diversas actividades de divulgación nas que se combina a ciencia co teatro, como a súa colaboración no programa de ciencia e tecnoloxía da TVG “Conexións”,  os “DiscurShows”, ou os “cafés-teatro-científicos”.

 

 

páxina inicial