Vista da Praia da
Penisqueira e do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Un enclave de gran valor
ambiental e de extraordinaria riqueza pesqueira e marisqueira. En primeiro
plano os terreos onde Augas de Galicia pretende construir unha depuradora de 5
hectáreas, para 83.000 habitantes equivalentes, dos que a metade corresponden á
carga contaminante que xera un polígono industrial.
Premer aquí para ver un pequeno
vídeo.
MANIFESTO DOS
VECIÑOS E VECIÑAS DE AGUIÑO sobre o proxecto de construción da EDAR de Ribeira
no Monte de Couso
Queremos comezar
poñendo de manifesto o noso apoio ás actuacións que contribúan a PRESERVAR E
MELLORAR A CALIDADE DO NOSO MEDIO e
a calquera das accións que teñan como obxectivo protexer o medio ambiente dos
efectos negativos dos vertidos de augas residuais urbanas e dos procedentes dos
sectores industriais, como a instalación de colectores e sistemas de tratamento
de augas residuais.
Somos conscientes do
atraso de Galicia e de Ribeira no cumprimento das obrigas ambientais, co vertido das augas
residuais domésticas practicamente sen depurar ao mar e cunha parte moi
importante da poboación sen acceso á rede de saneamento público. Atraso que debería servirnos para non repetir os
erros cometidos ata agora e para realizar unha planificación que evite danos ao
medio ou situacións de risco.
Tamén somos
conscientes da importancia da industria de transformación de produtos do mar no
noso Concello. Pero tamén sabemos os continuos problemas (cheiros, fugas...) e
as continuas avarías que supón mesturar os vertidos industriais cos urbanos. O
Polígono Industrial de Xarás, que xera o 20% do volume do efluente residual do
concello, representa o 50% da carga contaminante das augas residuais do
municipio. Por iso non cremos que a mellor solución sexa construír unha
macrodepuradora centralizada sobredimensionada e si estacións
de tratamento que minoren os elevados custos de infraestruturas auxiliares
(ducias de bombeos, quilómetros de sumidoiros, alto risco de fugas...) e de
menor consumo eléctrico.
Ante esta situación,
queremos que este proxecto se converta nunha solución e non nun problema máis.
Así, non queremos que unhas custosas instalacións (26.663.459€) que deberían
canalizar cara ao mar augas limpas acaben sendo consideradas como os principais
focos de contaminación na ría ou que simplemente non funcione.
Queremos, porque é posible,
unha depuración que respecte os valores ambientais, sociais e os recursos
pesqueiros e marisqueiros. A
finalidade da urxencia da depuración das augas residuais do Concello non
xustifica o emprego de medios non adecuados, e máxime aínda cando son de
dubidosa legalidade e pode poñer en perigo o noso futuro ecónomico.
Para
descargar o manifesto completo, pinchar nesta ligazón: Manifesto
dos veciños de Aguiño
Praia da Penisqueira en Google Earth
Se tes
instalado Google Earth, podes atopar
unha foto aérea desta preciosa praia pinchando aquí.
As
coordenadas son: 42°31'19"N 009°2'03"W (poden
introducirse no cadro de búsqueda de Google
Earth ou de calquera outro software similar).
Documentación dispoñible
Protesta!
Se es un veciño afectado e queres trasladar a túa
discrepancia ao Alcalde de Ribeira pola designación de Penisqueira-Couso para a
instalación da EDAR, podes firmar e enviar este
documento.
Para
trasladar a túa protesta á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, podes firmar e
enviar este documento.
Infórmate!
Lugar Protexido
polos Veciños de Aguiño (L.P.V.A.)
Protexe o litoral,
salvagarda o noso mar
O noso medio de vida
en perigo
Depurar sí, pero non
así (outra versión)
¿Cómo é o
Anteproxento do Saneamento para Ribeira que tanto criticamos?
Alegacións
presentadas ao proxecto
Resumo do
Anteproyecto da Depuradora Publicado no DOG nº 99:
Resumo do Anteproyecto do Contrato de Concesión de
Obra Pública de Colectores Xerais e da Estación Depuradora de Augas Residuais
de Ribeira (Clave OH.315.679), publicado como Resolución da Presidencia da
Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos no Diario Oficial de Galicia,
nº 99, de 24 de Maio do 2007, para ser sometido a información pública por prazo
de un mes.
Anexo 02:
antecedentes e situación actual
Anexo 03: estudo de
alternativas
Anexo
05: estudo da demografía e caudais
Anexo
06: resultados de analíticas e caracterización da contaminación
Anexo 18:
predimensionamento da EDAR
Anexo 19:
réxime de utilización e explotación da EDAR
Esquemas e
planos: